Novas

Martes, Decembro 17, 2024

Impartimos formación sobre prevención de riscos laborais en Pobra de San Xiao

imaxe obradoiro

Pobra de San Xiao, 17 de decembro de 2024.

 

O ISSGA, pecha o seu ciclo de formacións do Plan de actuación 2024 coa impartición dunha xornada técnica sobre prevención de riscos laborais e primeiros auxilios no obradoiro de emprego Os Soutos, na Pobra de San Xiao. Neste obradoiro, promovido polo Concello de Láncara e ao que están asociados os concellos de Samos e Paradela, impártense as especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

O ISSGA, dentro do seu programa de sensibilización e información en PRL nos obradoiros de emprego recollido no eixe 5 “Promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade” do seu Plan de actuación 2024.

Motivación

Os talleres duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.  Para o ISSGA preséntase como un escenario idóneo para incorporar a PRL na formación para unha actividade específica.

Co desenvolvemento destas actividades impulsamos a cultura preventiva xa que se un alumno aprende a traballar seguro incorporará este coñecemento no seu futuro profesional.

Obxectivo

O obxectivo de esta xornada foi expoñer, dunha forma clara e sinxela, os principais riscos e medidas de prevención para evitar a aparición de danos para a saúde no desenvolvemento da súa futura actividade laboral, así como a actuación en casos de emerxencia e primeiros auxilios.