Novas

Venres, Marzo 21, 2025

Impartimos formación sobre prevención de riscos laborais en Baio

imaxe obradoiro

Baio (Zas), 21 de marzo de 2025

O Instituto de Educación Secundaria Maximino Romero de Lema acolleu unha xornada técnica adicada á prevención de riscos laborais, dirixida especialmente aos estudantes do Ciclo Formativo de “Técnicos en Sistemas Microinformáticos e Redes.

A xornada contou coa participación de Gema Bértoa Veiga, técnica do Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo (ISSGA), quen compartiu a súa experiencia e coñecementos sobre os conceptos básicos en prevención de riscos laborais. Os asistentes terveron a oportunidade de aprender sobre os riscos aos que poden estar expostos no desenvolvemento do seu traballo como técnicos en sistemas microinformáticos e redes.

Esta iniciativa, incluída no   apartado 5.3.3 sobre sensibilización e aprendizaxe na formación profesional do  Plan de Actuación 2025 do ISSGA,  permite que os estudantes adquiran ferramentas e coñecementos que lles axudarán a garantir a súa seguridade e saúde na contorna laboral. A prevención é clave en calquera profesión, e esta xornada busca concienciar aos futuros profesionais sobre a importancia de identificar e xestionar os riscos no seu campo.