Martes, Maio 21, 2019
Impartimos en Santiago un curso de formación interna sobre plataformas elevadoras móbiles de persoas
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2019. Hoxe tivo lugar na sede do ISSGA en Santiago de Compostela a segunda e derradeira edición do curso de formación interna de supervisor de plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP).
Participaron un total de 17 técnicos do ISSGA nesta actividade na que se abordaron contidos sobre as normativas sanitarias e de seguridade, a prevención e o control de accidentes, o uso dos equipos de protección persoal e as comprobacións previas ao uso e o mantemento das plataformas móbiles de persoas.
Formación interna
Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso elaborar unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos de formación sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos relacionados coas actividades que desenvolve, ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.