Novas

Mércores, Marzo 25, 2026

Impartimos dúas xornadas técnicas en Monforte de Lemos

Imaxe xt Monforte

Monforte de Lemos, 25 de marzo de 2026. O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos acolleu hoxe e o pasado luns dúas xornadas técnicas sobre o uso seguro de maquinaria agrícola e, en especial, do tractor.

A campaña parte da idea de sensibilizar desde a base e formar aos futuros profesionais das explotacións sobre a necesidade de facer un uso seguro desta maquinaria.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o Issga debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral.