Novas

Venres, Febreiro 23, 2018

Impartimos dúas xornadas sobre o sistema de incentivos para a diminución e prevención da sinistralidade laboral

Impartimos dúas xornadas sobre o sistema de incentivos para a diminución e prevención da sinistralidade laboral

Os días 22 e 23 de febreiro de 2018 impartimos dúas xornadas sobre o sistema de incentivos para a diminución e prevención da sinistralidade laboral, en Lugo e Ourense respectivamente.

Regulado polo Real decreto 404/2010, do 31 de marzo, e a Orde TIN/1448/2010 do 2 de xuño, o sistema de incentivos para a prevención permite a redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que se distingan pola súa contribución eficaz e contrastable á redución da sinistralidade laboral e pola realización de actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

A publicación do RD 231/2017, o 24 de marzo de 2017, modificou o marco normativo ao derrogar o Real decreto 404/2010, con efecto a partir do exercicio 2017 (ano de presentación de solicitudes en 2018). Esta nova norma ten por obxecto acadar unha xestión do incentivo máis áxil, eficaz e eficiente, dotando dunha maior seguridade xurídica a todo o procedemento e establecer un sistema de recoñecemento do dito incentivo, e centrando no comportamento da sinistralidade da empresa, en comparación coa do sector ao que pertenece.

Poden ser beneficiarias todas as empresas mutualistas que coticen á Seguridade Social por continxencias profesionais que o soliciten no prazo establecido e que reúnan os requisitos establecidos na normativa.

Das diferenzas que presenta o RD 231/2017 con respecto á anterior regulación, destacamos as seguintes:

  • Elimínanse os apartados que facían referencia ao requisito da realización de investimentos en materia de prevención de riscos laborais.

  • Elimínase o requisito de cumprir con polo menos dous das actividades que se indicaban na listaxe prevista no RD 404/2010

  • Cambian os os requisitos que deben cumprir os beneficiarios do incentivo, entre os que se inclúe un novo requisito consistente en informar da solicitude do incentivo aos delegados de prevención, así como dos índices de sinistralidade a que se refire o anexo II.

  • Elimínanse todas as referencias ás pequenas empresas

  • A contía do incentivo será do 5%. Para o incentivo adicional do 5%, elimínase a necesidade de que os períodos de observación fosen consecutivos e que no inmediatamente anterior percibiuse o incentivo e substituíuse polo requisito de que a empresa invista nas actividades complementarias de PRL recollidas nos apartados 6 e 7 do anexo I. Tanto na normativa anterior, como na actual, establécese como límite o importe dos investimentos efectuados en materia de prevención de riscos.

  • O financiamento do sistema de incentivos será con cargo ao Fondo de Continxencias Profesionais da Seguridade Social. O volume máximo dos recursos deste fondo, a disposición das mutuas en cada exercicio para esta finalidade, será o 3% do seu saldo ao 31 de decembro do ano anterior.

  • Modifícase os prazos de presentación e tramitación das solicitudes. Establécese que as solicitudes deberán presentarse desde o 15 de abril ata o 31 de maio de cada ano. As mutuas deberán remitilas á DGOSS ata o 15 de xullo de cada ano.