Novas

Venres, Marzo 11, 2022

Impartimos dúas xornadas formativas no CFEA_Lourizán

Impartimos dúas xornadas formativas no CFEA_Lourizán

Pontevedra, 11 de marzo de 2022. Hoxe tiveron lugar no Centro e Formación e Experimentación Agroforestal en Lourizán (Pontevedra) dúas accións formativas en formato presencial sobre primeiros auxilios.

A primeira delas estivo dirixida ao alumnado do 1º e 2º ciclo medio de “Aproveitamento e Conservación do Medio Natural” cun número aproximado de 35 alumnos/as.

A segunda das xornadas tivo lugar para o alumnado do 1º e 2º ciclo superior de “Xestión Forestal e do Medio Natural” e asistiron uns 40 alumnos/as.

Ambas xornadas foron impartidas por María García Díaz, técnica de prevención e enfermeira especialista en enfermería do traballo do centro do ISSGA_Lugo.