Venres, Xullo 05, 2024
Hoxe tivo lugar unha xuntanza para planificar a actividades formativas do Issga no segundo semestre
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024
Na modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) tivo lugar unha reunión para planificar e avanzar no desenvolvemento da programación formativa do segundo semestre recollida no plan de actuación do ano 2024.
As campañas de promoción da prevención e redución da sinistralidade, a formación e información e a elaboración e difusión de publicacións constitúen unha actividade permanente do ISSGA e dan cumprimento ao eixo marcado na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.
Entre os asuntos tratados cómpre destacar os seguintes:
-
Programación de novos cursos básicos de PRL
-
Programación de novas edicións do curso de PRL no manexo da motoserra e rozadoira.
-
Programación de novas edicións do curso de prevención de riscos laborais nos traballos de axuda a domicilio e de atención a persoas con dependencia.
-
Programación de xornadas técnicas en formato presencial e en liña
-
Novas publicacións
-
Revisión e actualización da xestión das redes e web.