Novas

Martes, Setembro 24, 2024

Hoxe tivo lugar unha xuntanza do grupo de traballo técnico no sector forestal do ISSGA

Imaxe reunión grupo forestal

24 de setembro de 2024. Este grupo de traballo ten como obxectivo a elaboración de documentos formativos e informativos sobre condicións de traballo seguras no sector.

O actividade actual do grupo de traballo céntrase nun documento sobre os equipos de protección individual en diferentes postos de traballo na actividades forestal.

Integran o grupo persoal técnico do ISSGA, a entidade Fearmaga (Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madera de Galicia), as empresas Ence e Finsa, que son referentes do sector da transformación da madeira en España e a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo.

No Plan de actuacións do ISSGA 2024 o sector forestal inclúese como un sector de actuación prioritaria e preferente, tanto no eido do estudo e investigación de accidentes coma no asesoramento técnico a empresas e promoción da prevención de riscos laborais así como da realización de diversas actividades formativas.