Xoves, Abril 10, 2025
Hoxe tivo lugar unha xornada técnica sobre a protección fronte a sílice cristalina respirable
Rande, 10 de abril de 2025
O ISSGA colaborou nesta xornada técnica organizada por 3M, coa participación de Alfonso Pérez, xefe do centro Issga_Pontevedra, sobre riscos para os traballos con exposición a sílice cristalina respirable, na que, a un total de 50 asistentes e durante 5 horas, detallouse a situación actual en Galicia e como abordar esta problemática, así como a importancia que ten o bo uso, axuste e coidado dos equipos de protección respiratoria.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.