
Santiago, 26 de outubro de 2022. Hoxe finalizou o curso “Aplicación práctica de métodos de avaliación de riscos psicosociais cuantitativos”, realizado na modalidade de telepresenza, que organizou o ISSGA dentro da proposta de formación interna incluída no seu Plan de actiuación e que forma parte da programación formativa da EGAP.
Esta formación foi impartida por técnicos do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) do Ministerio de Traballo e Economía Social e do Instituto Social de Traballo, Ambiente e Saúde (ISTAS).
Formación interna
Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso manter actualizada unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos e accións sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.
A proposta de formación interna do Instituto vai ligada ás actuacións que se desenvolven nas distintas áreas preventivas, cun carácter interdisciplinar e tendo en conta as demandas do persoal técnico.
Deste xeito permítenos reforzar a nosa labor fundamental de investigación, asesoramento e asistencia técnica ás organizacións sindicais e empresariais e aos demais axentes económicos para un mellor cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais.
Xustificación
Os riscos psicosociais prexudican a saúde dos traballadores, causan tensións e, a longo prazo, poden producir enfermidades cardiovasculares, respiratorias e doutros tipos. Unha avaliación psicosocial permitirá analizar estes riscos para previr e corrixir as deficiencias de organización laboral, mellorando as condicións de traballo.
Obxectivos do curso
- Analizar os elementos do proceso dunha avaliación psicosocial.
- Dar a coñecer instrumentos xerais e específicos de avaliación de factores de risco, así como das consecuencias asociadas á exposición.
Contido
Durante o curso se analizaron os factores e riscos psicosociais, se orientou sobre o proceso de xestión psicosocial e as orientacións para a avaliación psicosocial, tratouse a xestión dos datos en psicosocioloxía e se afondou dun xeito práctico e a través do estudo de casos na metodoloxía de avaliación psicosocial: método para a avaliación e xestión de factores psicosociais en pequenas empresas do INSST, FPSICO e CoPsQ-istas-21.