Venres, Xuño 01, 2018
Hoxe tivo lugar no IES “Lois Peña Novo” de Vilalba unha xornada sobre prevención de riscos laborais
Vilalba, 1 de xuño de 2018.- A dita xornada tivo un contido teórico e práctico e estivo destinada os alumnos do ciclo medio de Electromecánica de Vehículos.
Cun horario dende as 9.00 ata as 14.00, as relatoras de dita xornada, técnicas de prevención de riscos laborais do Centro Issga de Lugo, foron:
- María Pilar Rodríguez González, que impartiu un relatorio sobre A saúde e o traballo.
- Mª Carmen Arias López, cun relatorio sobre Riscos hixiénicos na automoción e a súa prevención.
- María García, Díaz, cunha exposición sobre primeiros auxilios
Tal e como se recolle no Plan de actividades 2018 do Issga, unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade e os centros de investigación para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.
A introdución da cultura preventiva en etapas anteriores á incorporación das persoas á actividade laboral xera unha conciencia consolidada, e a vía máis operativa para isto é a través do sistema educativo. Así, a prevención de riscos laborais debe promoverse en todas as etapas do sistema educativo.
Por isto, o ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais na poboación escolar nos diferentes niveis educativos da educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, e o apoio técnico ao profesorado.
Así, cómpre colaborar coa consellería competente en materia de educación na realización de actuacións nos centros educativos para promover a adquisición dunha cultura preventiva no eido laboral dos mozos e das mozas da Comunidade Autónoma de Galicia, inculcándolles condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que como futuros empresarios e traballadores terán que enfrontarse.