Novas

Xoves, Marzo 03, 2022

Hoxe tivo lugar a décimo oitava xuntanza do grupo de traballo de amianto do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2022.- O grupo, constituído en marzo do ano 2012 por mandato do Consello,  no que participan técnicos da administración e das organizacións sindicais e empresariais, ten por obxecto o seguimento do grao de cumprimento da normativa sobre amianto na nosa comunidade e propoñer e impulsar a posta en marcha de actuacións conxuntas para un mellor cumprimento da normativa, ou mesmo impulsar iniciativas xa postas en marcha por organismos ou organizacións empresariais ou sindicais concretas.

Analizou nesta xuntanza diferentes documentos relativos á tramitación dos traballos con amianto en Galicia (ano 2021) e outros aprobados polo Pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no ano 2021: informe sobre implantación dos Plans de Traballo nas diferentes Comunidades Autónomas para os exercicios 2009-2020, avaliación do Programa de vixilancia da saúde dos traballadores expostos ao amianto (PIVISTEA) 2018 e aspectos a considerar ao cubrir os datos de avaliación da exposición do Anexo IV do RD 396/2006. Tamén se abordaron os contidos recollidos a nova Lei de residuos en proxecto no tocante ao amianto.