Martes, Decembro 03, 2024
Hoxe reuniuse o Consello Reitor do ISSGA en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024
Hoxe tivo lugar na modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) unha reunión ordinaria do Consello Reitor, órgano superior colexiado de goberno, do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), que estivo presidida polo Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e que contou coa participación dos axentes sociais e outras unidades directivas da Xunta de Galicia.
Entre os asuntos máis destacados da orde do día cómpre destacar os seguintes:
-
Presentación pola xerencia do borrador do Plan de actuación do Issga do ano 2025
-
Balance das principais actuacións no segundo semestre do 2024
-
Información sobre datos en avance de sinistralidade laboral en Galicia, xaneiro-setembro 2024