Novas

Xoves, Xuño 27, 2024

Hoxe reuniuse o Consello Reitor do ISSGA en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024. 

Hoxe tivo lugar na modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) unha reunión ordinaria do Consello Reitor, órgano superior colexiado de goberno, do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), de acordo cos artigos 17 e seguintes dos estatutos do ISSGA, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro.


Entre os asuntos máis destacados da orde do día cómpre destacar os seguintes:

  • Información da publicación no DOG do 10 de xuño da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 31 de maio de 2024 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia. 
  • Aprobación da conta xeral do Instituto do ano 2023. 
     
  • Informe de actuacións de traballos con risco de exposición a amianto 2023.
     
  • Balance das actuacións realizadas no primeiro semestre do 2024.
     
  • Actuacións no marco da estratexia española e no plan de acción do 2024 referentes á elaboración da Axenda nacional para a prevención do cancro de orixe profesional.
     
  • Avance das actuación a desenvolver no segundo semestre do 2024.