Mércores, Novembro 29, 2023
Hoxe reuniuse o Consello Reitor do ISSGA en Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023. Hoxe tivo lugar na modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) unha reunión ordinaria do Consello Reitor, órgano superior colexiado de goberno, do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), de acordo cos artigos 17 e seguintes dos estatutos do ISSGA, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro.
Entre os asuntos máis destacados da orde do día cómpre destacar a información sobre datos en avance de sinistralidade laboral en Galicia, información sobre os novos grupos de traballo técnicos nos que participa o ISSGA e a presentación do borrador do Plan de actuación do instituto para o ano 2024.