Novas

Venres, Outubro 01, 2021

Hoxe participamos nunha xornada virtual sobre a calidade do ambiente interior: radon

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021. O obxectivo desta acción formativa foi afondar nos aspectos que nos permitan manter unha boa calidade de aire nos interiores, tendo en conta a COVID-19 e a presenza do radon no territorio galego.

O ISSGA estivo presente nesta actividade formativa organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña coa participación de Jose Rega Piñeiro, xefe do Centro ISSGA_A Coruña, que fixo unha intervención sobre as obrigas actuais das empresas en relación coa detección e o control do risco por exposición ao radon, cando o houber, e os contidos da próxima modificación do Regulamento de protección sanitaria contra as radiacións ionizantes, que se espera para o vindeiro año, por mor da transposición da Directiva 2013/59/Euratom, e que suporá cambios importantes, entre eles a rebaixa do valor de referencia á metade do actual e a concreción dos concellos de acción prioritaria nos que se aplicarán as obrigas máis esixentes, e que en Galicia, pola natureza da súa xeoloxía, serán case que todos.