Novas

Luns, Novembro 13, 2023

Hoxe participamos no Foro PRL sobre os retos de futuro da seguridade e saúde no traballo no Polígono de Bergondo

Foro

Bergondo, 13 de novembro de 2023. O persoal do ISSGA participou esta mañá nunha nova sesión do Foro Técnico de PRL organizada pola Comunidade de Propietarios de Bergondo (CPPB) en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña. Este foro pretende ser un punto de encontro para o intercambio de coñecemento, de boas prácticas, para a reflexión e o debate entre profesionais.

Nesta sesión, a subdirectora xeral técnica e de planificación, Encarna Sousa e José Rega, xefe do centro da Coruña, analizaron e debateron sobre a situación actual da seguridade e a saúde explicando as diferentes áreas de actuación preventiva en Galicia así como sobre os retos que se nos plantexan de cara ao futuro.

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.