Xoves, Abril 25, 2019
Hoxe en Ourense tivo lugar unha xornada sobre o coidado das persoas con dependencia
Ourense, 25 de abril de 2019. Con motivo da celebración do “14º Salón da Prevención e Seguridade Laboral PREVISEL” e dentro das actividades levadas adiante polo ISSGA con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo - 28 de abril, tivo lugar esta xornada técnica sobre os riscos biolóxicos e psicosociais no coidado das persoas con dependencia.
Durante esta xornada se presentaron dúas novas publicacións do ISSGA relacionadas co coidado de persoas con dependencia; una delas sobre a prevención de riscos biolóxicos e a segunda sobre a prevención de riscos psicosociais.
O persoal traballador que atende a persoas dependentes debe coñecer aquelas situacións que se dan no traballo cotiá e que poden poñer en perigo a súa saúde. Entre os riscos aos que poden estar expostos están os riscos biolóxicos xa que se poden contaxiar de enfermidades transmitidas polas persoas que coidan. É importante o uso de luvas, máscara e lentes, manter atención ás vacinas, usar bata ou outra roupa protectora e o lavado de mans con auga e xabón. Hai que extremar as precaucións se hai que usar material curto punzante, non volver poñer o capuchón ás agullas, nunca deixar material abandonado e usar un contador ríxido para desbotalo.
A promoción da autonomía persoal é a adecuada atención ás persoas en situación de dependencia é fundamental no traballo de coidar, pero as persoas que desempeñan labores que implican unha relación constante e directa con outras persoas pódense ver afectadas por riscos para a súa saúde e benestar emocional. É esencial que as esixencia e presións laborais se axeiten aos coñecementos, capacidades e recursos da persoa. Por iso debemos ter en conta nesta actividade, altamente feminizada, os seguintes grupos de factores de risco: esixencias psicolóxicas, dobre presenza, control sobre o traballo, apoio social e calidade de liderado e compensacións polo traballo.
Os principais obxectivos que se pretenderon acadar con estea actividade formativa son proporcionar ferramentas que permitan ás persoas que realicen actividades relacionadas co coidado de persoas dependentes coñecer as situacións de risco do seu traballo e adoptar aquelas recomendacións preventivas que lles axuden a evitalas ou reducilas e deste xeito mellorar as súas condicións de traballo.