Martes, Xullo 17, 2012
Guía técnica do Issga. O documento de protección contra explosións. Manual de axuda
• A Guía técnica do Issga que se presenta é un Manual de axuda para elaborar o documento de protección contra explosións.
• Como complemento á Guía, ponse a disposición dos interesados unha ferramenta informática, o libro Excel CALCULO ZONAS V 4.1 no que todos os apartados que conforman o documento teñen resposta. Esta ferramenta informática preséntase cun modelo de documento de protección contra explosións, e con dous exemplos concretos de elaboración deste documento dunha cabina de pintura e de instalacións de reciclado de aluminio.
• O autor do traballo é Emérito Núñez Amado, enxeñeiro técnico industrial, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade, Hixiene e Ergonomía de Fremap e experto na materia.
A Directiva 1999/92/CE regula a protección da saúde dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas e o Real Decreto 681/2003, do 12 de xuño, traspona ao dereito español. O Regulamento electrotécnico de baixa tensión tamén dispón determinadas prescricións neste ámbito. Esta normativa establece, entre outras, a obriga de elaborar un documento de protección contra explosións e de clasificar en zonas as áreas nas que poidan formarse atmosferas explosivas.
Neste marco xorde a colaboración entre o Issga e Fremap para a elaboración e divulgación deste documento.
O autor do traballo é Emérito Núñez Amado, enxeñeiro técnico industrial, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas Especialidades de Seguridade, Hixiene e Ergonomía de Fremap e experto na materia.
A Guía técnica do Issga que se presenta, é un Manual de axuda para elaborar o documento de protección contra explosións.
Como complemento á Guía, ponse a disposición dos interesados unha ferramenta informática, o libro Excel CALCULO ZONAS V 4.1 no que todos os apartados que conforman o documento, teñen unha cumprida resposta. Este arquivo Excel preséntase cun modelo de documento nun arquivo Word, e con dous exemplos concretos de elaboración do documento contra explosións dunha cabina de pintura e de instalacións de reciclado de aluminio.
Os documentos son:
- Guía técnica do Issga. O documento de protección contra explosións. Manual de axuda
- Cálculo de zonas V4.1 (arquivo Microsoft Excel 97-2003)
- Modelo de documento A4 para combinar con Cálculo de zonas v4.1 (arquivo Microsoft Word 97-2003)
- Instrucións de vinculación de Modelo e Excel
- Exemplo 1. Reciclado de aluminio
- Exemplo 2. Cabina de pintura