Novas

Luns, Xuño 02, 2025

Grupo de traballo de xestión dos riscos psicosociais da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST)

imaxe risst

A Coruña, 2 de xuño de 2025

Onte tivemos unha nova reunión do grupo de traballo de riscos psicosociais da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST). Neste grupo estase a traballar en diferentes líneas de actuación na mellora da xestión de riscos psicosociais  e na prevención dos danos profesionais.

Neste grupo participa do Issga Mª José García Santos, Xefa da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.

Esta actuación ven contemplada na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e é unha acción contemplada no Plan de actuación do Issga 2025.