Novas

Luns, Decembro 28, 2009

Gripe A(H1N1) 2009.

Gripe A(H1N1) 2009.

Segundo os datos de situación epidemiolóxica o noso país superou a primeira onda de gripe pandémica. Despois de chegar a unha taxa de afectación de 372 casos por cada 100.000 habitantes na semana 46 do ano 2009 (pico da onda pandémica), na semana 49 a incidencia estimada foi de 77,72 casos/100.000 habitantes; esta incidencia mantívose estable na semana 50 que rematou o pasado 19 de decembro con 78,55 casos/100.000 habitantes.

No enlace da nosa web atopará máis información da situación actual e previsións, así como novas recomendacións ás empresas en relación aos seus plans de actuación.