Novas

Mércores, Abril 26, 2023

Galicia xunto con Aragón, Madrid e Valencia participan nun proxecto de investigación de casos de enfermidade profesional

  • As comunidades autónomas (CCAA) de Galicia, Aragón, Madrid e Valencia foron elixidas para participar no proxecto piloto-ensaio de campo dun procedemento de investigación de casos de enfermidade profesional (EP) elaborado entre a Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) e órganos técnicos de prevención de riscos laborais das CCAA.

Nieves Lorenzo Espeso, xefa de Equipo Técnico de Medicina Laboral do ISSGA, Irene Martín Luengo, subdirectora Xeral para a Coordinación da Inspección do Sistema de Relacións Laborais de a ITSS, Jerónimo Maqueda Blasco, coordinador da área de Epidemioloxía Laboral do INSST e Fernando Lousada Arochena, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia participaron na mesa “Enfermidade profesional: plataforma interautonómica” que tivo lugar durante o V Congreso Internacional de Seguridade e Saúde no Traballo os días 24 e 25 de abril en Bilbao.

Especialistas da área de Medicina do Traballo do centro Issga da Coruña investigaron xunto con inspectoras de traballo e seguridade social unha mostra asignada de partes de enfermidades profesionais.

Estes equipos aplicaron o procedemento de investigación de EP elaborado e recompilando un conxunto harmonizado de datos que inclúe as causas codificadas como conclusión da investigación.

Algunhas desas conclusións foron:

  • Falta de investigación das EP
  • Nou existe un procedemento harmonizado
  • Nou se aplicaron medidas preventivas para a xestión do risco
  • Necesidade de mellora no enchemento dos partes CEPROSS de EP
  • A avaliación de riscos non identifica o risco de desenvolver EP
  • Nou se realizaron avaliacións específicas de risco hixiénicos, ergonómicos, etc.

Na súa intervención, Nieves Lorenzo destacou a necesidade de formación e implicación neste ámbito dos profesionais da saúde laboral e a necesidade de coordinación co ámbito técnico de prevención de riscos laborais nas outras disciplinas preventivas. Tamén fíxose énfase na necesidade de accións de promoción da saúde no traballo para abordar a saúde laboral desde unha concepción máis ampla de saúde integral.

Lembrouse a próxima celebración do Encontro da Rede Nacional de Empresas Saudables, de cuxo comité de verificación forma parte a doutora Lorenzo.

O Issga analiza e investiga as enfermidades profesionais analizando as causas que as provocan e propoñendo medidas preventivas para a mellora da condicións de seguridade e saúde laboral nos centros de traballo. Ademais, investiga as sospeitas das enfermidades profesionais que comunican os facultativos do Sergas e dos servizos de prevención a pedimento da Inspección de servizos sanitarios para analizar e emitir informe técnico , logo da actuación do Issga na empresa confirmando ou descartando a sospeita.