Novas

Martes, Setembro 25, 2012

Formación interna sobre ruído para técnicos do ISSGA

O obxecto desta acción formativa é a actualización de coñecementos e habilidades relacionadas coa avaliación e control do ruído ambiental na industria. Céntrase no estudo das fontes de ruído da industria, a súa tipoloxía e características e complétase coa exposición das medidas técnicas empregadas hoxe para a análise, control e deseño de solucións no control do ruído.

A sesión tivo como base o Real Decreto 286/2006 e un enfoque fundamentalmente práctico, podendo achegar solucións contrastadas en diversos ámbitos industriais: embotelladoras-envasadoras, artes gráficas, alimentaria, madeireira, caldeiraría, fundicións-química, farmacéutica, reciclaxe-canteiras, inxección plástico, automoción, xeración de enerxía (c.térmicas), etc.

Na xornada participaron 44 técnicos do ISSGA e foi impartida pola empresa Enxeñeira e Servizos en Acústica S.L. Iberacústica en Galicia, unha enxeñaría con case 10 anos de experiencia no sector do illamento e acondicionamento acústico, empresa homologada pola Xunta de Galicia e laboratorio acreditado ENAC a nivel nacional.