Novas

Martes, Marzo 13, 2012

Entrega dos diplomas os alumnos que remataron o curso de nivel básico de prevención na construción no Centro ISSGA de Pontevedra

Onte entregáronse os diplomas ás 17 persoas que completaron a formación de nivel básico de prevención na construción, cunha duración de 65 horas lectivas, que se impartiu no Centro ISSGA de Pontevedra dende o 27 de febreiro ata o 12 de marzo.

O contido formativo deste curso inclúe as 60 horas que se establecen no artigo 158 do Convenio Colectivo Xeral do Sector da Construción e un engadido sobre a prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 horas.

Esta formación está recoñecida pola Fundación Laboral da Construción aos efectos da Tarxeta Profesional da Construción, en virtude do convenio asinado en Lugo o 24 de agosto de 2010 entre o ISSGA e a Fundación Laboral da Construción.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.