Novas

Venres, Marzo 02, 2012

Entrega dos diplomas os alumnos que remataron o curso básico de prevención de riscos laborais no Centro ISSGA de Pontevedra

Hoxe se entregan os diplomas ás 45 persoas que completaron a formación de nivel básico de prevención de riscos laborais que impartiu o Centro ISSGA de Pontevedra na primeira edición das catro que levará adiante durante este ano.

O que se pretende con esta formación de nivel básico é proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecidas no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención, de acordo co programa formativo que se establece no anexo IV-B) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de Prevención (30 horas), cun engadido sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero de 5 horas.

A oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), que se desenvolve nos seus centros provinciais, ten o propósito de proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e dar cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011 – 2014.

A formación, xunto coa información, promoción e asesoramento en materia de seguridade laboral, constitúe unhas das ferramentas máis axeitadas para promover unha auténtica cultura preventiva no conxunto da sociedade.