Novas

Mércores, Decembro 09, 2009

En outubro houbo en Galicia 885 accidentes laborais menos que no mesmo mes do ano pasado

No mes de outubro, rexistráronse en Galicia un total de 3.929 accidentes en xornada laboral, 885 menos que os contabilizados no mesmo mes de 2008, o que supón un 18,4% menos.

Houbo unha redución no número total de accidentes en tódalas provincias. Na Coruña produciuse un descenso de 445 accidentes (o que supón un 22,45% menos), en Pontevedra de 243 (un 12,32%), en Lugo de 104 (un 22,17% menos) e a menor diminución foi en Ourense, con 93 accidentes menos (un 23,72%). O descenso no total debeuse á baixada do número de accidentes leves e graves, xa que, no total de Galicia, o número de accidentes mortais en comparación co mesmo mes do ano pasado aumentou.