Novas

Martes, Novembro 09, 2010

Dous simuladores sobre os efectos da fatiga e do alcohol na condución, na xornada O tráfico como risco laboral

Os asistentes á Xornada Técnica sobre O tráfico como risco laboral, que se celebra o día 10 de novembro no centro do ISSGA en A Coruña van ter a oportunidade de reproducir nun simulador os efectos que producen sobre a condución factores como a fatiga e o alcohol.

A experiencia cos simuladores será ao remate da sesión, que dará comezo ás 10.00 h. cuns contidos estruturados en dúas mesas de traballo, sobre Os accidentes de tráfico no marco laboral e Os axentes sociais e o seu labor na redución da sinistralidade laboral no tráfico. Na primeira mesa, moderada polo Departamento de Seguridade Vial do RACE, intervirán representantes da Fiscalía de Sinistralidade Laboral de Galicia, da Xefatura Provincial de Tráfico, da Policía Local e da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Na mesa sobre Os axentes sociais e o seu labor na redución da sinistralidade laboral no tráfico participarán representantes de Prevención de Riscos Laborais de UGT, CC.OO, CIG e CEG.