Mércores, Xuño 16, 2010
A directora do ISSGA participa en Santiago na Xunta Asesora Rexional de FREMAP
A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, participa hoxe na Xunta Asesora Rexional de FREMAP que se celebra a partir das 12:00 horas no Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Quinzá-Torroja ofrecerá un relatorio, titulado “O ISSGA. Principais actuacións”, no que exporá a traxectoria do ISSGA e as liñas principais en prevención en riscos laborais que está a desenvolver o Instituto na Comunidade.