Novas

Mércores, Outubro 27, 2010

A directora do ISSGA intervén na Xornada de Prevención de Riscos ergonómicos e psicosociais da CEG

A directora do ISSGA asistiu o 26 de outubro á xornada Premotiva, sobre Prevención de Riscos ergonómicos e psicosociais, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia. Na súa intervención, Adela Quinzá- Torroja García puxo de manifesto a relevancia que van ter no Plan de Acción do ISSGA para 2011 os riscos desta natureza, ergonómicos e psicosociais, no contexto do Plan Estratéxico de Prevención e Riscos Laborais 20011-2014, onde teñen unha destacada consideración.

Asemade, a directora salientou que en breve o ISSGA contará cun equipo de técnicos especializados nesta tipoloxía de riscos, que actualmente están a recibir formación cualificada, en colaboración co OSALAN e o INSHT.

Tamén participou na sesión Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, técnico do centro do ISSGA de Ourense, para presentar un relatorio sobre a materia.