Martes, Outubro 05, 2010
A directora do ISSGA asiste en Ferrol á presentación dos relatorios das XII Xornadas sobre Condicións de Traballo e Saúde
A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, asistirá o 7 de outubro en Ferrol á presentación da publicación do libro sobre as “XII Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde”, volume que recolle as distintas conferencias e comunicacións presentadas nestas xornadas organizadas pola Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol e a Asociación de Graduados Sociais de Ferrol. O acto terá lugar ás 20.00 horas no salón de actos da Fundación CaixaGalicia do municipio ferrolano e estará presidido polo alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.
A directora do ISSGA realizará unha presentación deste organismo así como o seu Plan de Acción 2010 . Pola súa banda, Pilar Millor, presidenta da Asociación de Graduados Sociais e profesora da Facultade de Ciencias do Traballo presentará os relatorios das XII Xornadas sobre Condicións de Traballo e Saúde.
No acto estará presente tamén o vicepresidente da Asociación de Graduados Sociais e será clausurado polo alcalde de Ferrol.