Mércores, Decembro 14, 2011
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral participou nunha xornada organizada pola APD
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, Adela Quinzá-Torroja, participou na xornada As empresas e a prevención de riscos laborais en tempos de crise, incluída no II CICLO "DIRECTIVOS E SAÚDE" que organiza a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), e que tivo lugar no Centro Social Novacaixagalicia, Praza de Cervantes, 17 - Santiago de Compostela.
Adela Quinzá-Torroja, interveu cun relatorio no que explicou o Plan Estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais en Galicia 2011-2014 así como as principais actividades do ISSGA en 2011.