Novas

Venres, Novembro 09, 2012

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, acompañou aos alumnos do colexio San José de Lugo nunha visita á Escola Galega de Prevención

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, acompañou aos alumnos do colexio San José de Lugo nunha visita á Escola Galega de Prevención

A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, acompañou aos alumnos do colexio San José de Lugo nunha visita á Escola Galega de Prevención. Deste xeito, os rapaces de 3º e 4º de primaria coñeceron de primeira man o funcionamento da Escola de Prevención e recibiron información sobre conceptos básicos nesta materia. Quinzá-Torroja salientou a importancia de inculcar “condutas seguras e saudables tamén aos máis pequenos, nunha liña de anticipación aos riscos laborais”.