Novas

Xoves, Marzo 08, 2012

Día Internacional da Muller

Cada ano a Organización das Nacións Unidas celebra, no 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, unha data que no 2012 dedícase á promoción da mellora das condicións de vida das mulleres rurais que, na nosa Comunidade Autónoma, constitúen un alicerce clave no desenvolvemento do progreso e do futuro do noso pais.

Integrar a dimensión de igualdade entre homes e mulleres na prevención dos riscos laborais implica ter en conta estas diferenzas para planificar as actividades preventivas de xeito que se poida acadar un nivel de protección similar con independencia do xénero.

Dende o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral queremos aproveitar esta celebración para informar dalgunhas das actuacións incluídas no noso Plan de Actividades para este ano 2012 que axuden a integrar a dimensión de igualdade entre homes e mulleres na prevención de riscos laborais:

Observatorio Galego de Condicións de Traballo

- Análise da sinistralidade laboral en profesións feminizadas

Accións de colaboración e asesoramento técnico

- Comisión permanente de integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos laborais

Plans e programas de redución

- Programa de protección das traballadoras embarazadas

- Estudo epidemiolóxico en redeiras

- Estudo epidemiolóxico en mariscadoras

- Campaña de vixilancia da saúde para traballadoras autónomas

Ademais, o vindeiro 14 de marzo, o ISSGA colaborará co Concello de Ortigueira, dentro do cicho “Muller e Emprego”, nunha charla na que se abordarán temas como a prevención de riscos laborais en profesións feminizadas ou a presentación da campaña de vixilancia da saúde para traballadores autónomos , coa participación da directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, e a xefa do Equipo técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA da Coruña, Nieves Lorenzo.