mércores, Novembro 9, 2022

Por terceiro ano consecutivo, o 9 de novembro, FEDESMAR promove o Día contra a silicose.
Desde o ISSGA nos queremos unir a combater esta enfermidade co noso traballo diario xunto co sector e traballadores e traballadoras.
Entre as actuacións que realizamos figuran a investigación desta enfermidade profesional, a elaboración de documentación de medidas preventivas e o traballo técnico co sector no marco do grupo de traballo creado no Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.