Novas

Venres, Febreiro 22, 2013

Curso sobre medios de protección para a seguridade das máquinas

Onte rematou na Escola Galega de Administración Pública – EGAP o curso de “Análise, avaliación e deseño de medios de protección para a seguridade das máquinas”, que durante esta semana formou a 32 técnicos dos catro centros provinciais do ISSGA.

Esta acción formativa, que forma parte do Plan de Formación da EGAP para o 2013, foi impartido por técnicos de Fremap e tiña como finalidade achegar os distintos conceptos sobre protección de máquinas mediante a análise, avaliación e deseño dos elementos de protección cunha finalidade práctica.

Tomando como base argumental o proceso iterativo da norma UNE-EN ISO 12100 tiveron que deseñar, construír e instalar aqueles elementos de protección necesarios sobre unha máquina simuladora deseñada e construída a tal efecto.

Ao longo do taller, acadáronse os seguintes obxectivos:

• Mostrar e lembrar a normativa de aplicación
• Repasar os conceptos básicos relacionados coa seguridade das máquinas
• Desenvolver o proceso iterativo de avaliación de riscos nas máquinas:
- Seguridade integrada
- Protección
- Información
• Efectuar cálculos e resolver exercicios prácticos
• Realizar prácticas de deseño, construción e instalación de elementos de protección na máquina.

Esta actividade está incluída no programa de formación interna para os técnicos do ISSGA que lles permite manter actualizados os seus coñecementos e a adquisición de novas cualificacións en materia de prevención de riscos laborais.