Xoves, Abril 03, 2014
Curso sobre medidas de emerxencias no Centro ISSGA de Ourense
Hoxe e mañá terá lugar nas instalacións do Centro ISSGA de Ourense o curso “Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, organizado polo Servizo de Prevención de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e cuxa finalidade é formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais no seu artigo 20.
Os 17 participantes nesta actividade formativa recibiron información básica sobre os incendios e os equipos de protección axeitados e como hai que actuar en caso dunha emerxencia; ademais, no programa tamén se inclúen os primeiros auxilios e prácticas con lume real.