Mércores, Abril 09, 2014
Curso de sensibilización en materia de risco eléctrico
Hoxe terá lugar no Centro Issga de Pontevedra un curso sobre risco eléctrico para 30 traballadores da empresa Edelne.
A xornada informativa que se vai a impartir encádrase dentro do Acordo Marco de Cooperación entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e Gas Natural Fenosa en materia de formación en risco eléctrico.
Os obxectivos que se perseguen con esta actividade formativa son a implicación de todas as empresas colaboradoras no cumprimento dos compromisos de seguridade e saúde, mellorar a formación en risco eléctrico dos traballadores, ampliar a cultura preventiva elevando o nivel de sensibilización dos/as traballadores/as e das empresas colaboradoras.