Novas

Xoves, Outubro 27, 2011

Curso de investigación de accidentes para os técnicos do ISSGA

Hoxe, 27 de outubro, remata o curso de formación ‘Investigación de accidentes. Indicios, testemuños e causas’, que comezou onte na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela) e no que participaron case unha trintena de técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

A finalidade deste curso é coñecer todos os factores que interveñen nunha investigación dun accidente laboral e proporcionar os coñecementos necesarios para iniciala e rematala, descubrindo a súa casuística e demais circunstancias. Así mesmo, a investigación de accidentes tamén nos proporciona información para eliminar as causas que os provocaron e evitar casos similares así como para aproveitar esta experiencia para orientar outras accións preventivas.

A primeira das xornadas arrincou cunha valoración da situación actual para a continuación explicar o proceso dunha investigación dun accidente laboral e a recollida de información: indicios/evidencias, obtención do testemuño. Para rematar, analizouse o método da árbore de causas.

A xornada de hoxe dedicouse á resolución de casos prácticos.

O curso foi impartido polos seguintes docentes con ampla experiencia na formación relacionada coa investigación de accidentes:

- Alejo Frade Cantalejo. Centro Nacional de Verificación de Maquinaria. Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

- Luis Rosel Ajamil. Fundación Laboral da Construción

- Jose Mª Sorozábal Ostolaza. Instituto Navarro de Saúde Laboral

- Antonio Morente Sánchez. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral da Rexión de Murcia