Novas

Xoves, Abril 19, 2012

Curso básico de prevención de riscos laborais do Issga dirixido a axentes da Policía Autonómica en colaboración coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e a AGASP

Esta semana iniciouse o curso básico de prevención de riscos laborais dirixido á Policía Autonómica, dentro da oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para este ano 2012.

Realízase en colaboración coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e a AGASP.

Este curso se impartirá na modalidade semipresencial, cunha duración de 50 horas e desenvolve o programa formativo que se establece no anexo IV-B) do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de Prevención, cunha parte presencial dedicada á os riscos específicos naqueles traballos que se desenvolven na rúa.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
2. Riscos xerais e a súa prevención.
3. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
4. Primeiros auxilios.
5. Riscos específicos. Traballos na rúa

Obxectivos

Proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención, establecida no artigo 35 do Regulamento dos servizos de prevención, nun curso específicamente dirixido a axentes da policía autonómica.

Oferta formativa do ISSGA

A Lei de prevención de riscos laborais establece entre outras obrigas, a de proporcionar aos traballadores formación suficiente e axeitada sobre os riscos que afectan aos seus postos de traballo.

Así mesmo, a lei encomenda ás administracións públicas o desenvolvemento de accións de formación, información e divulgación que contribúan, xunto aos empresarios e traballadores, ao logro dos obxectivos de mellora progresiva das condicións de vida no traballo.

Neste liña, a oferta formativa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), ten o propósito de proporcionar formación de calidade en materia de prevención de riscos laborais e dar cumprimento ao Plan Estratéxico de Prevención de Riscos Laborais 2011 – 2014.