Novas

Xoves, Marzo 15, 2018

Continuamos co curso sobre promoción e prescrición da actividade física en Santiago

Continuamos co curso sobre promoción e prescrición da actividade física en Santiago

Santiago, 15 de marzo de 2018. Hoxe ten lugar a segunda e derradeira xornada deste curso de formación interna incluído na programación formativa da EGAP e que se desenvolve nas instalacións do ISSGA no complexo administrativo de San Lázaro.

O exercicio físico desempeña un papel clave na promoción dunha mellor saúde, na prevención de enfermidades crónicas e como complemento, ás veces esencial, no tratamento de certos trastornos ou enfermidades tanto físicas como psíquicas ou sociais.

O lugar de traballo é un escenario idóneo para a posta en marcha de intervencións de promoción da actividade física entre os traballadores e é beneficioso non tan só para as persoas senón tamén para a empresa.

Neste curso repasáronse os elementos esenciais para o deseño, planificación e aplicación de programas de promoción da saúde no traballo tanto en xeral como en patoloxías e factores de risco máis prevalentes na poboación traballadora.

Formación interna

Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso elaborar unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos de formación sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos relacionados coas actividades que desenvolve, ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.