Xoves, Marzo 21, 2019
A Comisión para a integración da igualdade do ISSGA reuniuse para traballar nun documento sobre a integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais
- Trátase dunha comisión permanente da que forman parte técnicos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como dos tres sindicatos máis representativos e da CEG
- Na xuntanza tamén se presentaron as actuacións do Instituto para o 2019 en materia de igualdade.
Santiago, 21 de marzo de 2019. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) reuniuse en Santiago para tratar diversos aspectos relacionados coa perspectiva de xénero en materia de prevención de riscos laborais.
Esta comisión ten un carácter permanente e técnico, e o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa igualdade de xénero na saúde e seguridade no traballo. Está formado por técnicos do ISSGA, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como por persoal dos tres sindicatos máis representativos e da CEG.
Na reunión abordáronse, entre outros, o seguintes asuntos: as actuacións en materia de igualdade do Issga para o 2019 segundo o seu Plan de actividades e a elaboración dun documento divulgativo sobre a integración da perspectiva de xénero no sistema de xestión da prevención de riscos laborais da empresa.