Xoves, Maio 06, 2010
A Comisión de Goberno do ISSGA reúnese en Santiago
A Comisión de Goberno do Issga reuniuse o 4 de maio na Sala de Xuntas das súas dependencias na Casa da Parra - Praza da Quintana, s/n, en Santiago de Compostela.
Na reunión participaron o presidente, Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Relacións Laborais; Adela Quinzá-Torroja García, directora do Issga; José Rega Piñeiro, subdirector técnico de Planificación do Issga; Ignacio Garrote Freire, xefe do servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Dirección Xeral de Relacións Laborais; Carlos Bellas Cebreiro de UGT-Galicia; Ascensión Esteban Ceballosde CC.OO de Galicia; Fernando Sabio Maroño da Confederación Intersindical Galega; José Antonio Neira Cortés da Confederación de Empresarios de Galicia; e como secretaría María Miñones Conde, Subdirectora Xeral de Administración e Persoal do Issga.
Na orde do día abordáronse, entre outros, os seguintes temas:
- Aprobación do regulamento orgánico de funcionamento da Comisión de Goberno
- Composición da Comisión permanente de carácter asesor nos aspectos relacionados coa integración da igualdade nas políticas de prevención de riscos laborais
- Información sobre a execución do Plan de Actuacións do 2010
- Información sobre o desenvolvemento do Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2006-2010