Luns, Maio 13, 2013
Comezo dun curso sobre os riscos laborais de orixe eléctrica
Hoxe comezou no Centro Issga de Pontevedra a parte presencial dun curso de prevención de riscos laborais de orixe eléctrica no que participarán 36 técnicos en prevención de riscos laborais do Issga e dos servizos de prevención da Xunta de Galicia.
O curso estrutúrase en dúas partes, unha primeira a distancia a modo de introdución cunha carga equivalente a 10 horas na que se analizará o esquema xeral da instalación eléctrica (da xeración do consumo), os conceptos básicos relacionados co tema e a normativa básica a ter en conta e onde atopar actualización.
A segunda parte de carácter presencial e que comeza hoxe, durará 23 horas distribuída en 3 días, eminentemente práctica aínda que inclúe unha parte teórica para fixar os conceptos que logo se tratará de poñer en práctica. Distribúese en dous grandes bloques, un primeiro sobre a alta tensión (distribución da enerxía, equipos de rede de distribución eléctrica, riscos e procedementos nos traballos de distribución), e un segundo sobre a baixa tensión no que se desenvolverán tres temas fundamentais: postas a terra, dispositivos de corrente diferencial residual (diferenciais) e medicións, verificacións e análise de fallos en instalacións eléctricas industriais.
As clases presenciais impartiranse no Centro do ISSGA de Rande. Dende alí, acudirase a visitar unha subestación eléctrica e un centro de transformación na primeira xornada presencial.
Esta acción formativa realízase en colaboración con Gas Natural Fenosa e Fremap.