Novas

Venres, Setembro 28, 2012

Comezo das accións formativas do programa de desenvolvemento rural sostible

Este xoves, 27 de setembro, comezaron oito edicións dos cursos básicos de prevención de riscos laborais con módulos específicos en actividades do sector primario, cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible, que de seguido se indican:

- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo para a actividade vitivinícola (en Sober)
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo para a actividade vitivinícola (en Ribadumia)
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo de maquinaria agrícola (tractores e os seus apeiros) en Fisterra
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo de maquinaria agrícola (tractores e os seus apeiros) en Lourenzá
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo de maquinaria forestal lixeira (motoserras e rozadoiras) en Foz
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo de maquinaria forestal lixeira (motoserras e rozadoiras) en Meira
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo para a actividade en invernadoiros (en Tui)
- Curso básico de prevención de riscos laborais, módulo para a actividade en invernadoiros (en Melide)

O obxectivo dos cursos é proporcionar a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, de 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais, introducindo a formación na actividade a que se refire o módulo específico en cada un dos cursos. A súa duración é de 30 horas e está destinado a persoas traballadoras desempregadas e ocupadas do sector agro forestal.

O Real decreto 752/2010, de 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sostible para o período 2010- 2014 en aplicación da Lei 45/2007, de 13 do decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, contempla como unha das actuacións do programa a 1.22.-CA.3 relativa a información e formación profesional ocupacional e continua dos traballadores.

Ao amparo do convenio asinado entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia asinado o 7 de maio de 2012 para o período 2012-2016, o ISSGA está a desenvolver accións formativas de acordo cos Plans de Zonas Rurais.