
- Incentivamos condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios/as e traballadores/as.
Rande-Redondela, 17 de xaneiro de 2023.- O alumnado de 1º de primaria do CEIP San Xosé Obreiro de Pontevedra realizou hoxe unha visita á Escola Galega de Prevención que o ISSGA ten no seu centro de Pontevedra (Rande-Redondela) e que ten como obxectivo incentivar actitudes e hábitos seguros entre os escolares dun xeito ameno, didáctico e divertido que permita inculcar condutas seguras e saudables nunha liña de anticipación aos riscos laborais aos que terán que enfrontarse como futuros empresarios/as e traballadores/as.
É importante a implicación e complicidade dos pais, os profesores e a sociedade no seu conxunto para acadar o obxectivo de implantar unha cultura preventiva desde idades temperás e promover medidas preventivas de riscos asociados á vida diaria dos rapaces e aos riscos da súa contorna.
A actividade principal da escola desenvólvese nun espazo dividido en tres zonas diferenciadas por cores nas que a información estrutúrase en catro grandes bloques temáticos: na casa, na rúa, na escola e no fogar onde os rapaces e rapazas aprenderán a identificar os riscos potenciais que se poden encontrar no seu entorno habitual e como actuar para previlos e evitalos. As ferramentas que utilizaremos serán xogos interactivos, de mesa, contacontos busca do tesouro, preguntas e respostas... utilizando a cartelaría e material do que dispoñemos na Escola de Prevención.
Máis información sobre a Escola Galega de Prevención do ISSGA.