Martes, Outubro 17, 2017
Comezan en Ourense os talleres de condución con simulador de alta inmersión
Ourense, 17 de outubro de 2017.- Hoxe comezan en Ourense os talleres de condución con simulador de alta inmersión que se van a realizar en toda Galicia durante o último trimestre do ano. O simulador estará no centro do ISSGA de Ourense ata o 19 de outubro, no centro de Lugo entre o 2 e o 8 de novembro, e no de centro de Rande entre o 14 e o 16 de novembro.
Nos talleres, organizados por Asepeyo en colaboración co ISSGA, tense a oportunidade de coñecer os conceptos básicos de seguridade viaria e as distintas condicións que se poden atopar no tráfico rodado. O software do simulador permite recrear todo tipo de situacións que serven para avaliar as habilidades dos condutores sen necesidade de poñelos en perigo.