Martes, Novembro 18, 2025
Comeza un curso de formación interna sobre as aplicacións do a intelixencia artificial no ámbito da PRL
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025
Hoxe dá comezo esta formación que, ademais de estar incluídos na oferta de formación interna do Issga, forma parte da programación formativa da Escola Galega de Administración Pública (Egap).
O seu obxectivo é dar a coñecer ferramentas e avances tecnolóxicos vinculados con a intelixencia artificial e que aplicada á xestión da seguridade e saúde das organizacións pode favorecer a participación e implicación do persoal traballador e do persoal técnico en PRL.
Ten unha duración de 15 horas lectivas e impartirase a través da modalidade de telepresenza, repartido en 5 xornadas de 3 horas cada unha delas.
O programa recolle os seguintes contidos:
-
Catálogo de ferramentas aplicables de intelixencia artificial á xestión técnica e comunicativa
-
Regulación normativa da IA: aspectos éticos e marco legal
-
Aplicación práctica en avaliacións de riscos e planificación preventiva
-
Exemplos prácticos
Con esta actividade, na que participan 25 técnicos/as do instituto, pretende achegar e sacar partido no mundo da prevención de riscos laborais á intelixencia artificial, como comunicarnos con ela, as diferentes plataformas que se poden usar e que recursos ofrecen e, sobre todo, os exemplos prácticos que nos poidan axudar a entender e explorar mellor todas as posibilidades que ofrece vinculadas á seguridade e saúde no traballo.