Luns, Novembro 22, 2010
Comeza a impartición dun curso básico de Prevención de Riscos Laborais no centro ISSGA de Pontevedra
O ISSGA celebra no seu centro de Pontevedra en Rande do 22 ao 26 de novembro un curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 35 horas de duración.
Os obxectivos do curso son proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións básicas da actividade preventiva, establecidas no artigo 35 do Regulamento dos Servizos de Prevención (Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro), e dotar aos empresarios dos coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas empresas ou centros de traballo. O curso inclúe 5 horas de formación sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
Entre esas funcións de nivel básico, están promover os comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo e de protección, fomentar o interese e a cooperación dos traballadores na acción preventiva, promocionar as actuacións preventivas básicas (orde, limpeza, sinalización, mantemento xeral e seguimento e control do mesmo), realizar avaliacións de riscos, colaborar na avaliación e no control dos riscos xerais e específicos da empresa e actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios, entre outras