Novas

Xoves, Outubro 18, 2018

Comeza en Vigo o II Congreso Internacional de PRL e Seguridade Industrial 4.0

Comeza en Vigo o II Congreso Internacional de PRL e Seguridade Industrial 4.0

Vigo, 17 de outubro de 2018. Hoxe e mañá ten lugar na Sede AFundación de Vigo este evento sobre as novas ferramentas para a seguridade industrial e a prevención de riscos laborais, no que o ISSGA forma parte do comité organizador, xunto con AGEINCO, APROSAl e CGETI.

Adela Quinzá-Torroja García, directora do Issga, participou no acto de apertura deste congreso, que constitúe un destacado punto de encontro para o intercambio de coñecemento sobre as novas tecnoloxías e a seguridade e saúde laboral.

O subdirector xeral Técnico e de Planificación do Issga, Fernando González Abeijón, tamén participou nunha mesa redondea sobre o rol das institucións na seguridade 4.0.

 

Máis información