Venres, Novembro 03, 2017
Colaboramos nas XXIV Xornadas da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais e V Xornadas da Sociedade Galega de Medicina no Traballo (SOGAMETRA)
Ferrol, 3 de novembro de 2017. Hoxe comezan as XXIV Xornadas da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) e V Xornadas da Sociedade Galega de Medicina no Traballo (SOGAMETRA) que durante dous días terán lugar no Salón de Actos do Campus Esteiro, en Ferrol, na Universidade da Coruña.
Se centrarán na importancia da seguridade e prevención de riscos no entorno marítimo, co lema "Prevención ao timón, segura navegación".
Están dirixidas a persoal técnico de prevención de riscos laborais, persoal da administración, delegados/as de prevención, persoal médico e enfermeiro, persoal traballador do mar, responsables de RRHH. Persoal directivo de empresas, sindicatos e demais persoas relacionadas co mundo da seguridade e saúde no traballo.
O ISSGA participa una ano máis nestas xornadas, impartindo desta vez a conferencia inaugural co relatorio "Guía de vixilancia da saúde no sector pesqueiro", presentada por José Rega Piñeiro, xefe do centro provincial do Issga da Coruña e por Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo técnico de Medicina Laboral do mesmo centro.
Unha das accións máis importantes e relevantes tanto para a xeración e difusión do coñecemento como para o fomento de comportamentos laborais seguros e saudables é a realización de actos e eventos divulgativos que transmitan información e formación relevante sobre distintos aspectos dentro da prevención de riscos, a seguridade e a saúde laborais.
O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, concentrando nos seus centros acciones formativas, non só propias, senón tamén en colaboración con outras entidades e órganos técnicos especializados, de maneira que se convertan en focos de transmisión de saber preventivo.
A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do ISSGA para este ano 2017.